Aristón de Quíos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 300 a. C. Quíos, Grecia |
| Morte | século III a. C. Atenas, Grecia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Ocupación | filósofo, escritor |
| Período | Período helenístico |
| Período de actividade | (Con vida en: 300 a. C. |
| Movemento | Estoicismo |
| Profesores | Zenón de Citio e Polemo (pt) |
| Alumnos | Eratóstenes, Dífilo (pt) |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Leksikon Encyclopædia Britannica Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Aristón de Quíos (grego antigo : Ἀρίστων ὁ Χῖος) foi un filósofo grego que floreceu arredor do -260 e foi contemporáneo de Epicuro, Aratos de Sición e Antígono II Gónatas . Nado en Quíos, era fillo de Milcíades.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi discípulo de Zenón na escola estoica e aínda que estudou con el, segundo Dióxenes Laercio foi posteriormente á escola de Polemón de Atenas. Puxéronlle o alcume de Falantos. Rexeitou todas as ramas da filosofía excepto a ética. Director do Liceo, dedicouse principalmente a difundir a doutrina aristotélica . Aristón fundou unha pequena escola oposta á de Hérilo, da que Dióxenes Laercio menciona a Dífilo e Milcíades como discípulos. Hai unha versión que di que morreu dun golpe de calor ou dunha insolación porque estaba calvo.
Aseveraba que o propósito da vida era permanecer indiferente entre o vicio e a virtude, sen facer distincións entre ningunha da dúas cousas, porque o sabio sabe actuar en todos os casos.
Dióxenes Laercio dá unha lista completa das súas obras pero menciona que Panecio e Sosícrates consideran estas obras a obra de Aristóteles de Kea, agás as cartas a Cleantes[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións a as sentencias dos filósofos ilustres) VII, 160-165