Hérilo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 280 a. C. Cartago |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | filósofo |
| Período | Período helenístico |
| Período de actividade | (Con vida en: 250 a. C. |
| Movemento | Estoicismo |
| Profesores | Zenón de Citio |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Hérilo (latín: Herillus, grego: Ἥριλλος) foi un filósofo estoico romano nado en Cartago, discípulo de Zenón de Citio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se limitou nas súas opinións a seguir literalmente ao mestre, senón que algunhas das súas doutrinas diferían (e opoñíanse) ás de Zenón. Para el o principal ben era o coñecemento ἐπιστήμη. Este concepto foi mesmo atacado por Cicerón, quen di que as súas ideas foron iamdiu fracta et extincta ("hai moito tempo rexeitadas e rematadas") e tamén por Cleantes.
Escribiu algúns libros, que segundo Dióxenes Laercio eran curtos pero con moita forza: Περὶ ἀσκήσεως, Περὶ παθῶν, Περὶ ὑπολήψεως, Νομοθέτης, Μαιευτικός, Ἀντιφέμων διδάσκαλος, Διασκενάζων, Εὐθύνων, Ἑρμῆς, Μήδεια, Διαλογοι, e Θέσεις ἠθικαί[1]