Ariel Herrero
Nome orixinal | Ariel Herrero García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de xuño de 1999 ![]() León, España ![]() |
Altura | 1,83 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Dianteiro |
Ariel Herrero García, nado en León o 3 de xuño de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Covadonga, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Loyola e no Peña, antes de pasar ao Puente Castro, equipos todos do seu León natal.[1] Durante a súa etapa como xuvenil, empezou a carreira de Pedagoxía na Universidade de Oviedo, instalándose así no Principado de Asturias, onde fichou polo Llanes, da Terceira División.[1] Militou durante algo máis de tres anos no club asturiano, acabando na sexta posición da liga as primeiras tres tempadas e gañando a fase asturiana da Copa Federación. En novembro de 2021, poucos meses despois de iniciar a súa cuarta campaña no club verde e branco e sendo naquel momento o máximo goleador do grupo II de Terceira, fichou polo Mirandés B, da mesma categoría.[2][3]
a primeira Copa Federación Autonómica da historia do club, ademais de clasificar ao equipo para a súa primeira Fase de Ascenso No verán de 2022 fichou polo Sporting de Gijón B,[4] no que xogou durante unha campaña, disputando a súa terceira fase de ascenso consecutiva. En xuño de 2023 anunciouse a súa chegada ao Covadonga, da Segunda División RFEF.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ariel Herrero: "Que nos vayan considerando favoritos es una buena señal"" (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ Bernabeu, Álvaro (11 de novembro de 2021). "Ariel Herrero, pichichi de Tercera RFEF GºII, ficha por un club de 2ª División" (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "Ariel Herrero es nuevo jugador del C.D.Mirandés B" (en castelán). 10 de novembro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "Ariel Herrero, nueva incorporación para el filial" (en castelán). 2022-08-17. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-10.
- ↑ "Ariel Herrero ficha por el Covadonga" (en castelán). 2 de xuño de 2023. Consultado o 20 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán)