Arao pequeno
Arao pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Alle alle' (Linnaeus, 1758) |
O arao pequeno[2] (Alle alle) é unha ave palmípede. Vive nas Illas do Ártico, hai dúas subespecies a A. a. alle viven en Groenlandia, Islandia, Nova Zemlbla e Spitzbergen, mentre a A. a. polaris vive na Terra de Francisco Xosé.
Mide 19–21 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 34–38 cm. Ten a plumaxe negra, agás o ventre branco e o peteiro é curto. Aliméntanse de peixes, complementándoos con crustáceos e pequenos invertebrados.
Cría en cantís, nos buratos en medio das rochas poñen un único ovo, no inverno migran cara o sur do Atlántico norte, os temporais fortes do outono poden desvialas máis ao sur do seu territorio habitual, e é nestes casos cando se pode ver nas costas galegas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2012). "Alle alle". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 novembro 2013.
- ↑ "Nomes galegos para as aves ibéricas: Lista completa e comentada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao pequeno |