Arancino
Arancino ou arancina (arancini en plural) é unha especialidade de cociña siciliana. Trátase dunha bóla de arroz fritida, cun diámetro entre 8 e 10 cm, rechea de carne picada (ragù en italiano), queixo mozzarella ou chícharos.
O seu nome deriva da palabra italiana arancia, que significa laranxa, debido a semellanza con esta froita.
Na parte oriental de illa poden presentar forma cónica.
Historia
[editar | editar a fonte]O arancino seica foi importado polos árabes[Cómpre referencia], que habitaban na rexión e comían arroz e azafrán con carne e herbas. O empenado foi introducido na corte de Federico II, como forma de conservar durante mais tempo o alimento e facía máis doado poder transportar o alimento nas viaxes.
En Palermo, celebrase anualmente o día de Santa Lucía, o 13 de decembro, sendo tradicional o consumo de arancini con varios recheos e formas.
Preparación
[editar | editar a fonte]Cócese o arroz e mestúrase con manteiga e queixo pecorino, debendo a continuación arrefriar nunha táboa de mármore. Despois, moldéanse coa forma desexada, poñéndose no medio unha porción do recheo desexado. Por fin, pásanse por ovo e pan relado, quedando así preparado para fritir.
En Palermo, é común utilizar azafrán para darlle unha tonalidade dourada ó arroz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arancino |