Arai Hakuseki
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de marzo de 1657 Edo |
| Morte | 29 de xuño de 1725 Sendagaya |
| Lugar de sepultura | Kōtoku-ji Temple (en) |
| Relixión | Confucianismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Historia do Xapón |
| Ocupación | filósofo, poeta, historiador, consultor político (pt) |
| Profesores | Kinoshita Jun'an (pt) |
| Participou en | |
| 1709 | Shōtoku no Chi (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Parentes | Ishigaya Kiyonobu, xenro |
Arai Hakuseki (新井 白石, あらいはくせき), nado en Tokyo 1657 e finado en 1725, foi un escritor e político xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende moi novo amosou a súa intelixencia, segundo a tradición aos tres anos copiou un libro de Confucio escrito en Kanji. En 1693, o shogún Tokugawa Ienobu chamouno como conselleiro xunto con Manabe Akifusa para reformaren a política económica do shogunato e darlle máis estabilidade, controlando a inflación. Tamén implementaron unha nova política comercial para controlar os pagamentos dos mercadores chineses e neerlandeses. Á morte do Shogún, Hakuseki deixou o seu posto e comezou a escribir.
Obra
[editar | editar a fonte]- Hankanfu (藩翰譜) - Unha lista de árbores familiares dos daimios
- Koshitsu (古史通) - Historia antiga do Xapón
- Oritaku Shiba-no-ki (折りたく柴の記) - Diario e memorias
- Sairan Igon (采覧異言)
- Seiyo Kibun (西洋記聞) - Descrición do Occidente, baseado nas súas conversas co sacerdote xesuíta, Giovanni Battista Sidotti
- Tokushi Yoron (読史余論) - Tratado histórico