Aquilino Herce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aquilino Herce
Nacemento 5 de febreiro de 1844
  A Coruña
Falecemento 27 de decembro de 1885
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación militar e político
Premios Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Aquilino Herce Coumes-Gay, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1844[1] e finado en Madrid o 27 de decembro de 1885,[2][3] foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Luís Herce Coumes-Gay e Bruno Herce Coumes-Gay. Ingresou como cadete no corpo de Artillería en Segovia en 1859, en 1867 foi nomeado tenente e uns anos despois capitán, chegando a comandante. Amigo de Romero Robledo, na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de 1876. Foi gobernador civil de Guadalajara (1880), Zaragoza (1880-1881) e Barcelona (1884-1885) e director xeral de Correos e Telégrafos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Osoria Laguna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Don Aquilino Herce Coumes-Gay" (PDF). Revista de Telégrafos (113): 49–51. 1885. Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  2. La Voz de Galicia, 29-12-1885, p. 3.
  3. La Correspondencia de España, 29-12-1885, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]