O ambiente prealpino intacto e as herbas da rexión facilitan obter este queixo, que forma parte do patrimonio do Appenzell. Prodúcese nunhas 80 queixerías esparexidas polas vilas e aldeas da rexión, e nunha pequena parte dos cantóns de Sankt Gallen e Turgovia. O queixo madurece durante un mínimo de tres meses. O seu gusto potente recíbeo ao untalo repetidas veces, de dúas a tres veces por semana, cunha moira a base de plantas denominada sulz, e que se mantén en segredo[1], só a coñecen dúas persoas por xeración que poden acceder á caixa do banco onde se garda a receita[2]. As pezas de Appenzeller pesan entre 6,2 e 8kg e teñen un diámetro de 30 a 33cm que se obteñen con 80 litros de leite.
Prodúcense menos de 10.000 toneladas por ano, concretamente no ano 2014, 8.831[3], exportándose en gran parte, principalmente a Alemaña. Comercialízao Appenzeller Käse baixo a denominación Appenzeller Switzerland .