Anxo Mena
Anxo Mena | |
---|---|
Nacemento | 1982 |
Lugar de nacemento | Carral |
Nacionalidade | España |
Ocupación | investigador e poeta |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anxo Mena Rodríguez, nado en Carral en 1982, é un oceanógrafo e poeta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxía. Traballa no Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) en Vigo.[1]
En 2021 gañou o premio de poesía Pérez Parallé coa obra Alimentar canarios con ovos da casa.[2]
E membro da Asociación EcoCultural Lacrar e da Asociacón Brexa para a custodia do Territorio.[1]
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio de poesía Anduriña Voandeira (2011).
- Premio de poesía Díaz Jácome (2012).[1]
- Premio de Poesía da Universidade de Vigo (2015).
- Premio de Poesía Pérez Parallé (2021)
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Alimentar canarios con ovos da casa, 2022. Culleredo: Espiral maior. ISBN 9788412385236
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fernández, X.M. (9 de outubro de 2022). "“Gústame que o que escribo sobre a ciencia”, Anxo Mena, poeta e investigador marítimo"". galiciaconfidencial.com. Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ Redacción (12 de novembro de 2021). "Anxo Mena, premio Pérez Pallaré de poesía". nosdiario.gal. Consultado o 11 de novembro de 2022.