Antonio Varela Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1945 (79 anos) A Pobra do Brollón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio Varela Álvarez, nado na Pobra do Brollón o 30 de marzo de 1945, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É graduado social e foi xefe da Estación de Monforte de Lemos. Concelleiro en Monforte dende 1974. Afiliado a Alianza Popular, foi secretario local de Monforte. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por AP. Posteriormente militou no Partido Galeguista do que chegou a ser vicepresidente logo do IX Congreso, celebrado en 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 320–322. ISBN 84-7507-044-2.