Antonio Sánchez Uzal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Sánchez Uzal
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Mesía, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego , político Editar o valor em Wikidata

Antonio Sánchez Uzal, nado en Mesía cara a 1908, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Olas. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Mesía na corporación presidida por Antonio Gómez Carneiro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por rebelión na Coruña o 4 de setembro de 1937 xunto con José Sueiro López, Ramón Cabo Budiño, Jesús Sánchez Rodríguez, José Mirás, Manuel Pérez Tojo, José Pérez Cabo, José Díaz Vázquez, Antonio Sánchez Sánchez, Manuel Grobas Oliver, Antonio García Iglesias, Jesús Corral Ferrer, Manuel Mella Sánchez, José Vázquez Sánchez, Manuel Bermúdez Tizón, Constante Carro Bermúdez e José Bermúdez Fraga.[2] Foi condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.[3] Volveu ser detido en 1946 e xulgado por auxilio á rebelión na causa 366/46 xunto con Jesús e Manuel Candal Gómez, Bernardo Couto Candal, Celestino García N., Francisco Gómez Candoioso, Jesús Gómez Gómez, Elvira Liste Liñares, José Liste N., Manuel López Gómez, José Louro Barboa e Jesús Louro Raposo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Herminia Gómez Rodríguez e foi pai de María, Josefa, José, Vicente e Manuel Sánchez Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concelleiros da corporacións republicanas
  2. El Ideal Gallego, 5-9-1937, p. 4.
  3. El Ideal Gallego, 6-4-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]