Saltar ao contido

Antonio Pena Abal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Pena Abal
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cuntis
2011 – 2015
← Fátima Monteagudo PereiraManuel Campos Velay → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cuntis Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Antonio Pena Abal, nado en Cuntis en 1968, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cuntis e foi a segunda forza política máis votada tralo PSdeG. Repetiu nas municipais de 2007 e nesa ocasión foi a forza máis votada pero sen lograla alcaldía, xa que PSdeG e BNG alcanzaron un pacto de goberno. Nas municipais de 2011 volveu ser cabeza de lista do PPdeG e foi elixido alcalde como candidato da forza máis votada pola falta de acordo entre o PSdeG-PSOE e o BNG.[1]. Nas eleccións de 2015 volveu presentarse á alcaldía polo PPdeG sendo a forza máis votada, aínda que nesta ocasión non foi elixido alcalde debido ao acordo entre PSdeG-PSOE, Veciñanza e BNG, sendo elixido alcalde o socialista Manuel Campos Velay.


Predecesor:
Fátima Monteagudo Pereira
 
Alcalde de Cuntis
 
2011 - 2015
Sucesor:
Manuel Campos Velay

Fóra da política é profesor de francés no instituto de Barro. Tamén leva a Asociación Amigos da Monxa do Penedo, asociación que se centra en dar a coñecer a madre María Antonia , coñecida na vila de Cuntis como "A Monxiña do Penedo", fundadora do Convento do Carme de Santiago de Compostela, sendo este o primeiro da Orde do Carmelo en Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]