María Antonia Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Antonia Pereira do Campo»)
Non confundir con María Antonia de Jesús Tirado (Jerez de la Frontera 1740-1810), tamén relixiosa.
Infotaula de personaMaría Antonia Pereira

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMaría Antonia Pereira do Campo
Biografía
NacementoFlavia Antonia Pereira do Campo
5 de outubro de 1700 Editar o valor em Wikidata
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 1760 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaConvento do Carme de Arriba, Santiago de Compostela 
Datos persoais
ResidenciaCuntis, Tui, Baiona, Madrid, Santiago…
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEdificio espiritual
Actividade
Xénero artísticomisticismo
Influencias
Linguacastelá
Orde relixiosaOrder of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa10 de marzo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Antonio Valverde
Fillosdous (Sebastián e Leonor)
PaisManuel Pereira  e María do Campo
Irmánsdous (Lucas e Mateo)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

María Antonia Pereira do Campo[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] ou María Antonia Pereira de Andrade,[12] nada en Baños de Cuntis (Cuntis) o 5 de outubro de 1700 e finada en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1760,[13] foi unha relixiosa e escritora galega, coñecida como a serva de Deus María Antonia de Xesús, ou Monxiña do Penedo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a filla primoxénita, de tres irmáns, de Manuel Pereira e María do Campo. Setemesiña, foi bautizada como Flavia Antonia Pereira do Campo. Viviu cunha tía paterna, María Pereira, en Caldas de Reis. Despois da morte do pai —M.ª Antonia tiña 14 anos de idade— a familia trasladouse a Baiona, onde a nai traballou de ama de chaves na casa de Fernando de Heras y Miera, abade da Colexiata de Santa María. Despois de cinco anos, Antonia foise para a casa dunha señora de Tui e de alí a unha de Santiago de Compostela. De volta á Baiona, casou en matrimonio organizado pola súa familia con Juan Antonio Valverde, notario eclesiástico, e, tempo despois, tanto o home como os seus dous fillos, Sebastián e Leonor, abrazaron a vida relixiosa en diferentes ordes.

Marchou a Madrid, alí, tras traballar no servizo doméstico, pasou a integrarse nunha comunidade carmelita de Alcalá de Henares. O nome de Flavia Antonia foille trocado polo de María Antonia de Xesús cando entrou na vida relixiosa.[14] En 1728 recibe o mandato divino de fundar un convento.[15] Con importantes apoios eclesiásticos e económicos, volveu a Santiago. Alí, logo de superar as reticencias dos arcebispos Cayetano Gil Taboada, e o seu sucesor Bartolomé de Raxoi, a abrir unha nova orde de clausura, fundou en 1748 o primeiro convento carmelita de Galicia,[16] o convento das Carmelitas Descalzas, chamado convento do Carme de Arriba.[17] En 1753 comezaron as obras do novo edificio do convento, traballos dirixidos polos frades carmelitas José de los Santos e José del Espíritu Santo.

Coñecida como a Monxiña do Penedo polo seu lugar de nacemento, a Igrexa católica considerouna venerable polas súas virtudes. Da súa obra escrita consérvanse manuscritos no convento, entre eles o da súa obra principal, o Edificio espiritual,[18] ademais da numerosa correspondencia.

Veneración[editar | editar a fonte]

A Santa Sé, ao pouco de finar a monxa, declarou que non había impedimento para comezar coa súa causa de canonización, que comezou en 1761, pero que se detivo en 1770.

O 25 de xaneiro de 1993, polo pulo do entón arcebispo compostelán cardeal Antonio María Rouco Varela, retomouse a fase diocesana do proceso. O proceso concluíu o 14 de xuño de 1996, admitiuno a trámite a Congregación para as Causas dos Santos o 25 de xullo de 1999 e recibiu en 2007 a aprobación da Comisión Histórica (Positio). Grazas a esta aprobación Pereira recibe o título católico de "serva de Deus".

O 7 de novembro de 2018 a Congregación para as Causas dos Santos, con autorización do papa Francisco, declarouna "venerable".[19][20]

Obra[editar | editar a fonte]

Lenzo da Serva de Deus María Antonia de Xesús.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alvarellos 1993.
  2. Castro 2009, p. 43: Jesús, María Antonia de. Apelidada en realidade Pereira do Castro…
  3. Couceiro 1953.
  4. García-Fernández 2012, p. 208, 219-220.
  5. Marco 2007.
  6. Rey & Rial 2011.
  7. Vilanova 2005.
  8. Yzquierdo 2009.
  9. DEGU
  10. DBdG.
  11. EGU.
  12. Blanco de la Barrera, Laura (2009). "María Antonia Pereira de Andrade". Álbum de Mulleres. CCG. 
  13. "Madre María Antonia de Jesús, carmelita descalza: El Papa lo ha aprobado: ¡Madre María Antonia ya es venerable!". Madre María Antonia de Jesús (Pereira y Andrade), carmelita descalza (en castelán). Consultado o 13/11/2018. 
  14. Alvarellos 1993, p. 240.
  15. Yzquierdo, Ramón (2009). "Patrimonio artístico enajenado de los conventos femeninos de clausura compostelanos…". Galicia monástica (en castelán). p. 683-708. ISBN 978-84-9750-023-4. En 1728 María Antonia Pereira do Campo, casada y madre de dos hijos, recibe el mandato divino de fundar un convento 
  16. Rey & Rial 2011, p. 284: …é relevante que o primeiro convento carmelitano fundado en Galicia teña sido unha fundación tardía, cando en 1748 se estableceu en Santiago a primeira comunidade, por iniciativa de María Antonia Pereira do Campo.
  17. Convento de Clausura do Carme de Arriba Concello de Santiago (en seis linguas, non dispoñible en galego).
  18. 18,0 18,1 Edificio espiritual edición de 1961 de Juan Flors, Barcelona. En Internet Archive.
  19. "Promulgazione di nuovi decreti". Congregazione delle Cause dei Santi (en italiano). 7 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2018. Il 7 novembre 2018 [...] il Santo Padre Francesco ha autorizzato la Congregazione a promulgare i Decreti riguardanti: [...] le virtù eroiche della Serva di Dio Maria Antonia di Gesù (al secolo: Maria Antonia Pereira y Andrade), Monaca professa dell’Ordine dei Carmelitani Scalzi; nata a El Penedo (Spagna) il 5 ottobre 1700 e morta a Santiago de Compostela (Spagna) il 10 marzo 1760. 
  20. "El Papa declara "Venerable" a María Antonia Pereira, fundadora del Carmelo de Compostela". Faro de Vigo (en castelán). 9 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]