Antonio Pacheco Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Pacheco Bermúdez
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1832 Editar o valor em Wikidata (191 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
MorteParís, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata

Antonio Pacheco Bermúdez, nado en Noia e finado en París o 5 de xullo de 1832, foi un xornalista e cirurxián galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu como médico nos exércitos de Castela a Vella, Cataluña e Galicia. En 1793 foi o segundo cirurxián do buque San Telmo da Real Armada. En 1794 exerceu en Palencia e en 1795 deu clases na Universidade de Santiago de Compostela e na Real Academia Físico-Cirúrxica da mesma vila. Regresou ao exército, estando no terceiro batallón do Rexemento de Infantaría de Borbón até agosto de 1798, e no 4º Rexemento desde maio de 1803.

En 1814, sendo primeiro axudante de cirurxía do corpo nacional de Artillaría, foi apresado no castelo de Santo Antón e sentenciado a dez anos de cárcere en Ceuta, pena que finalmente non cumpriu por mor de varias doenzas físicas. De ideas liberais, foi apresado logo de estar involucrado no levantamento de Juan Díaz Porlier, sendo liberado o 15 de febreiro de 1819. En 1820 foi rehabilitado, servindo no 5º Rexemento de Artillaría. Retirouse en 1821 cun soldo de mil reais, logo de lograr que lle considerasen como anos de servizo o tempo que estivo en prisión.

Obra[editar | editar a fonte]

Foi redactor da Gaceta Instructiva da Coruña entre 1811 e 1815, ano en que foi prohibida por Fernando VII.

Traduciu a obra Política natural, co subtítulo de Discurso sobre los verdaderos principios de gobierno, por un magistrado anciano. Extracto hecho por la Biblioteca del Hombre Público. Traducido libremente con notas, que traducira tamén Ignacio García Malo en Mallorca. A obra saíu publicada en Santiago de Compostela en 1811, e por ese motivo foi acusado polo tribunal da Inquisición en 1817.

En 1820 escribiu unha Descripción de las honras fúnebres que se hicieron en La Coruña al general Don Juan Díaz Porlier, adicada ao Conde de Toreno.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 27 de xullo de 1800 casou con Ventura San Miguel, irmá do consultor de cámara Evaristo San Miguel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]