Antonio María Martínez López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Ribadeo, España |
Morte | 12 de setembro de 1936 (31/32 anos) Mondoñedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio María Martínez López, nado en Ribadeo cara a 1904 e finado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Directivo do PSOE en Ribadeo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ribadeo o 22 de agosto e internado no depósito de Ribadeo. Foi paseado na estrada N-634 no lugar de Voltas de Prado dos Remedios, preto de Mondoñedo o 12 de setembro de 1936 con Andrés Vale Blanco, Florencio Carballo Novegil e Enrique Navarret García.[1] Inscrito inicialmente como descoñecido, foi identificado o 28 de xaneiro de 1940.
Dionisio Gamallo Fierros dedicoulle o poema ¡Hermano labrador! ¡Hermano obrero!.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilaframil con Concepción Fernández López en xaneiro de 1936.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iniciada en Mondoñedo la exhumación de otros cuatro fusilados de la Guerra Civil
- ↑ Las Riberas del Eo, 18-8-1934, p. 2.
- ↑ Las Riberas del Eo, 25-1-1936, p. 6.