Antonio López Fernández (Corchas)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 O Mazo, España |
Morte | 26 de novembro de 1945 (36/37 anos) Oencia, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Corchas |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Antonio López Fernández, coñecido como Corchas, nado no Mazo (Vilamartín de Valdeorras) en 1908 e finado en Oencia o 26 de novembro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xastre no Mazo e despois vendedor de peixe. Membro da Sociedad de Campesinos, militante da CNT, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e logrou escapar. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e declarado en rebeldía. Foi reclamado polo xulgado militar especial de Ponferrada para ser xulgado por adhesión á rebelión xunto con Américo Nogueira Campos en xuño de 1938.[1] Cando rematou a guerra entregouse ás autoridades e foi internado na cadea do Barco de Valdeorras. Conseguiu fuxir durante un traslado á prisión de Ourense e chegar á serra onde converteu nun guerrilleiro solitario cuxas accións eran máis de bandoleirismo que de resistencia, o que lle valeu ser buscado tanto pola Garda Civil como pola Federación de Guerrillas de León-Galicia que decidiu executalo. Foi procesado por atraco en 1942 e 1944. Foi asasinado o 26 de novembro de 1945 na serra de Xestoso por un pastor cando intentaba violar a unha moza.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOP Lugo, 23-6-1938, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Álvarez, Santiago (1991). "¿Quen foi o Corchas?". Memoria da guerrilla. Vigo: Xerais. pp. 212–217. ISBN 84-7507-535-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 88–89. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antonio López Fernández na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)
- Vídeo no YouTube