Antonio Hernández Gil
Antonio Hernández Gil | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de marzo de 1915 |
Lugar de nacemento | Puebla de Alcocer |
Falecemento | 26 de maio de 1994 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | político, maxistrado e xurista |
Fillos | Antonio Hernández-Gil |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll, doutor honoris causa pola Universidade de Extremadura, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit e Gran Cruz de Afonso X o Sabio |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Hernández Gil, nado en Puebla de Alcocer o 29 de marzo de 1915 e finado o 26 de maio de 1994 en Madrid, foi un xurista e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, e doutorouse na de Madrid en 1934 con premio extraordinario. O mesmo ano conseguiu a cátedra de dereito civil na Universidade de Granada, onde exerceu a docencia ata 1954, cando se trasladou á Universidade Complutense de Madrid. En 1975 foi escollido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e dous anos máis tarde dá o salto á política ao ser designado senador en 1977 polo rei Xoán Carlos I. Ademais, compatibilizou o cargo de senador co de Presidente das Cortes e do Consello do Reino, ambos os dous designados polo monarca.
En 1979, ao sancionar o rei a Constitución, foi substituído dos seus cargos, pero en 1982 regresa á presidencia do daquela denominado Consello de Estado. En 1985 é elixido maxistrado e presidente do Tribunal Supremo e do novo Consello Xeral do Poder Xudicial. Un ano despois, en 1986, ETA atentou contra a súa vida, pero saíu ileso[1].
Obra[editar | editar a fonte]
- Naturaleza jurídica de la obligación alternativa (1942)
- La solidaridad en las obligaciones (1946)
- El futuro del derecho civil (1958)
- Metodología de la ciencia del derecho (1973)
- El abogado y el razonamiento jurídico (1975)
- La posesión (1980)
- El cambio político español y la Constitución (1981).
Galardóns[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ [https://elpais.com/diario/1986/05/09/portada/515973601_850215.html Nova en El País
Predecesor: Torcuato Fernández Miranda |
Presidente das Cortes Españolas 1977 - 1978 |
Sucesor: Órgano disolto |
Predecesor: Torcuato Fernández Miranda |
Presidente do Consello do Reino 1977 - 1978 |
Sucesor: Órgano disolto |
Predecesor: Antonio Jiménez Blanco |
Presidente do Consello de Estado 1982 - 1985 |
Sucesor: Tomás de la Quadra-Salcedo |
Predecesor: Federico Carlos Sainz de Robles |
Presidente do Tribunal Supremo 1985 - 1990 |
Sucesor: Pascual Sala |
Predecesor: Federico Carlos Sainz de Robles |
Presidente del Consello Xeral do Poder Xudicial 1985 - 1990 |
Sucesor: Pascual Sala |