Antonio Fontao Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Fontao Montenegro
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata (136/137 anos)
Asturias, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Antonio Fontao Montenegro,[1] coñecido como París e Diógenes, nado en Asturias cara a 1887, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Fontao e Vicenta Montenegro. Xastre ambulante, e tamén dedicado á reparación de reloxos e máquinas de coser en Bandomil (Couto, Taboada). Foi xulgado por ameazas na Audiencia de Lugo en xullo de 1935.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo o 10 de marzo de 1939. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 767/38 con José Eiriz Fernández e Jesús Pereira Cuñarro, foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, de onde saíu en liberdade condicional o 8 de agosto de 1942.[3] En 1948 o xuíz de Chantada publicou unha requisitoria como procesado por homicidio no sumario 68/1948.[4] Foi novamente procesado na Causa 13/1949 de Vigo por agresion a forza armada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes figura como Antonio Fontáns Montenegro
  2. El Pueblo Gallego, 24-7-1935, p. 2.
  3. BOE, 18-11-1942, p. 9352-9354.
  4. BOP Lugo, 27-8-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]