Antonio Fernandes (hacker)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAntonio Fernandes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhacker Editar o valor em Wikidata

Twitter: afernandesvigo Editar o valor em Wikidata


Antonio Fernandes, nado en París o 3 de xaneiro de 1981, é un hacker e experto en ciberseguridade galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi avaliador de proxectos de innovación e ciberseguridade para a Comisión Europea na European Innovation Council ou a European Defense Agency, e membro do subgrupo de expertos Artificial Intelligence (AI), Connected Products and other New Challenges in Product Safety.[1]

Traballou como profesor de ciberseguridade en centros como IESIDE, Centro de Estudos Garrigues, C1b3rWall de Policía Nacional e Mentor da National Cyberleague da Guardia Civil.[2]

Tamén é un destacado cazador de bugs (bug bounty) obtendo recoñecemento público[3] por parte de entidades como Google, Facebook, Twitter, Uber, Microsoft, Intel, Apple, Departamento de Defensa dos Estados Unidos, a Unión Europea, o Goberno dos Países Baixos,[4] Symantec.

É organizador e colaborador de eventos de seguridade da información como ISACA,[5] ISMS Forum,[6],ViCON[7] e Hack & Beers[8] Vigo. En 2022 traballa como Cybersecurity Manager en FINSA, empresa multinacional de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Most Valued Hacker (HackerOne Madrid Meetup, 2019)
  • Chief Security Envoy (Elevenpaths, 2019)

Notas[editar | editar a fonte]