Antonio Domínguez Fontán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Pobra do Caramiñal, España ![]() |
Morte | 1936 ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Antonio Domínguez Fontán, coñecido como Sicho, nado na Pobra do Caramiñal e finado en Lisboa en 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Secretario da Agrupación socialista da Pobra do Caramiñal e dirixente do Sindicato de Oficios Varios La Unión Obrera (UGT). Foi director do periódico local La Lucha. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu xunto con outros republicanos do Barbanza no pesqueiro San José nº 2 o 27 de xullo de 1936, cara ao porto de Leixões (Matosinhos). Morreu de tuberculose nun hospital de Lisboa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antonio Domínguez Fontán na páxina web Nomes e Voces.
- De Insuela a Leixoes a bordo do pesqueiro «San José Nº 2» Artigo en La Voz de Galicia