Antonio Cal Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Cal Vázquez
Nacemento1940
Lugar de nacementoBetanzos
Falecemento7 de xuño de 1993
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsaxofonista
Na rede
Discogs: 1506565 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antonio Cal Vázquez, coñecido como Purriños, nado en Betanzos en 1940 e finado en Córdoba o 7 de xuño de 1993, foi un saxofonista galego, un dos pioneiros do jazz en Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Cal Purriños. Iniciouse como batería na orquestra Copacabana do seu pai e con 19 anos tocou en orquestras da Coruña e Ferrol. Marchou ao Brasil, onde estivo catro anos e despois foi a Inglaterra onde dirixiu a orquestra Churchill’s de Londres até que de volta nos setenta se incorporou ao florecente rock progresivo. Retornou a Madrid e a finais da década montou o club de jazz Hardy’s Jazz en Torremolinos e fundou o grupo Ónice.[1] Ó regresar a Galiza a comezos dos 80, contribuíu a fundar Clunia Jazz (aínda que só chegou a gravar con eles o primeiro disco) e a montar a Escola de Música de Betanzos, cuxa Big Band dirixiu.[2] Finou en Córdoba o 7 de xuño de 1993.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Nati Cuéllar e foi pai de Marta, Ruth e Toni Cal Cuéllar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Cal, un músico de fama internacional", La Voz de Galicia, 27-4- 1982, p. 41.
  2. En la senda de Antonio Cal
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-7-1993, p. 83.