Saltar ao contido

Antonio Budiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Budiño

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarLoxística militar Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de división (2013–)
xeneral de brigada (2011–) Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 1770710

Antonio Budiño Carballo, nado en Pontevedra en 1955, é un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de militar, viviu dende que tiña dous anos en León e con oito anos volveu de novo a Galicia ao se aveciñar a súa familia en Vigo, instalándose en 1973 en Madrid para preparar o ingreso na Academia General Militar, graduándose como tenente en 1976 e ingresando no corpo de intendencia. Diplomado de Estado Maior, deu clases na Academia de Intendencia e mais na Escola de Estado Maior. Participou en misións internacionais en Croacia, Albania e Iraq e foi membro da comisión de servizo no departamento de misións para o mantemento da paz da Organización das Nacións Unidas en Nova York. Ascendeu a xeneral de brigada en 2011 e foi xefe de intendencia da Rexión Militar Centro.[1] En 2013 ascendeu a xeneral de división, facéndose cargo da dirección de asuntos económicos do Exército de Terra ata o seu paso á reserva en 2018.[2]

Malia residir en Ávila dende hai ben anos,[3] nas eleccións xerais de España de abril de 2019 e nas xerais de novembro do mesmo ano encabezou a lista de Vox ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra. En 2025, xunto a outras figuras da extrema dereita, foi un dos asinantes dun manifesto en defensa da figura do ditador Francisco Franco.[4][5]

Véxase tamén