Antonio Balboa Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Balboa Salgado
Nacemento 1966
  Verín
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación historiador
Coñecido/a por A raíña Lupa
editar datos en Wikidata ]

Antonio Balboa Salgado, nado en Verín en 1966[1], é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e acadou o premio extraordinario de licenciatura. Acadou o doutoramento, especializándose na Idade Antiga de Galicia. Realizou investigacións en Alemaña como bolseiro do Deutscher Akademischer Austauschdienst, Austria como bolseiro do Österreichische Austauschdienst, Francia e Italia.

De 1991 a 1993 foi o presidente da Asociación Galega de Historiadores[2]. Foi codirector de Edicións Lóstrego entre 2000 e 2013, cando pechou.

Defende un celtismo crítico que concibe a Galicia influída por unha cultura céltica conectada co marco atlántico.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Gallaecia nas fontes clásicas (Universidade de Santiago de Compostela, 1996)[3]
  • A raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (Edicións Lóstrego, 2005)
  • As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia (Editorial Toxosoutos, 2006)[4]
  • A Galicia Celta (Edicións Lóstrego, 2007)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Taboada Chivite por Gallaecia nas fontes clásicas (1993)
  • Premio de Ensaio Manuel Murguía por A Raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (2004)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Balboa Salgado, obras do autor catalogadas na web Cultura Galega.
  2. IGALHIS, na web da revista Murguía.
  3. Gallaecia nas fontes clásicas, .pdf en Scribd.
  4. As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia, ficha na web da editorial.
  5. "Una revisión de los orígenes del mito de Santiago gana el premio Murguía", artigo de Eva Moreda en La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2004 (en castelán).