Antonio Puig Gaite
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1907 Pontevedra, España |
Morte | 4 de maio de 1993 (85 anos) Pontevedra, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de xuño de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente Pontevedra CF | |
1951 – 1956 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | farmacéutico, político |
Familia | |
Pai | Javier Puig Llamas |
Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1993,[1] foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Javier Puig Llamas. Licenciado en Farmacia, a finais dos anos trinta fíxose cargo da farmacia do seu tío e padriño Enrique Eiras (casado con Concha Puig) en Pontevedra. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario do xefe provincial de Falange Manuel Castro Pena. Foi Conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1955, 1958, 1961, 1964, 1967 e 1971), vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1957-1965), Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra e alcalde de Pontevedra (1971). Foi condecorado coa Orde Imperial del Yugo y las Flechas en 1962. Na transición foi candidato de Alianza Popular ao Senado nas eleccións de 1977.
Foi presidente do Pontevedra Club de Fútbol (1951-1956).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elisa Pérez-Quevedo Asenjo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-5-1993, p. 82.