Antonia Ramírez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Santo Domingo de Guzmán, O Salvador |
Morte | 11 de xuño de 2024 Santo Domingo de Guzmán, O Salvador |
Grupo étnico | Pobo pipil |
Actividade | |
Ocupación | cantautora |
Antonia Ramírez, finada o 11 de xuño de 2024,[1] foi unha muller indíxena, cantautora e falante nativa da lingua pipil do Salvador. Era orixinaria de Santo Domingo de Guzmán, Sonsonate, onde coordinaba a Casa da Cultura. Como promotora do pipil fixo diversas achegas á revitalización da lingua no país, que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción.[2][3]
No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira participación pública foi na Embaixada de México no Salvador, no ano 2014. Nesa ocasión realizou o lanzamento de Ne nawat shuchikisa / El náhuat florece, unha das súas pezas máis recoñecidas. Dende entón participou en conversatorios, recitais e concertos na Universidade do Salvador, no Museo Nacional de Antropoloxía do Salvador, en La Casa Tomada, no Centro Cultural de España e no Teatro Nacional de San Salvador, entre outros. En 2022, Ne nawat shuchikisa foi incluída na produción da obra Casamiento Indígena en Izalco, unha produción do Ballet Folclórico Nacional, do Ministerio de Cultura do Salvador.[5][6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A súa obra foi publicada polo Centro Cultural de España no cancioneiro coral Ne nawat shuchikisa, que recompila creacións musicais do pobo pipil do Salvador. Tamén participou da publicación Nechilwiat katka ka seujti ("Contábanme que unha vez"),[7] recompilación de 52 relatos de tradición oral indíxena. Neste libro, o autor Josué Ramos recompila e transcribe as historias que os falantes de pipil Visitación e Felipe García, María López, Francisco e Isabel Ramírez, Fidelina Cortez e Antonia Ramírez comparten e identifican como parte do seu patrimonio inmaterial.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Radio Sensunat, ed. (22 de xuño de 2024). "Esta noche se a dado a conocer sobre el fallecimiento de Nantzin Antonia Ramírez". Consultado o 5 de setembro de 2024.
- ↑ Elías Antonio Córdova Gil (2020). "Persistencia cultural, patrimonio lingüístico y cofradías. La cultura náhuat pipil en Witzapan, El Salvador" (PDF).
- ↑ Núñez, Salvador (2020-12-14). El Salvador: Verdades Ocultas (en inglés). Xlibris Corporation. ISBN 978-1-6641-0227-9. Consultado o 2024-02-29.
- ↑ Lara Martínez, Carlos Benjamín (2006). LA POBLACIÓN INDÍGENA DE SANTO DOMINGO DE GUZMÁN. CAMBIO Y CONTINUIDAD SOCIOCULTURAL. Colección Colección Antropología e Historia, 3. San Salvador, O Salvador: Colección Antropología e Historia, 3 . Dirección de Publicaciones e Impresos, CONCULTURA. ISBN 99923-0-155-4. Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Juliane Nikolai (decembro 2019). Fundación Heinrich Böll para Centroamérica oficina de El Salvador, ed. "Entrevista con Antonia Ramírez" (PDF). Discriminaciones Pueblos Indígenas. pp. 68–69.
- ↑ Ministerio de Cultura do Salvador (13 de febreiro de 2022). "Casamiento Indígena en Izalco". Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Ministerio de Cultura (21 de febreiro de 2022). "Ministerio de Cultural lanzó el libro Nechilwiat katka ka se ujti". www.ccesv.org. Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Sonia Megías, Paula López, Antonia Ramírez, Ernesto Vega, Anastacia López, Guadalupe Estrada, Elva Pérez, Manuel Coreto. (2020). AECID, Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, ed. "Ne nawat shuchikisa" [El náhuat florece]. Biblioteca Digital AECID.