Antonia Maury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonia Maury
Antonia maury.jpg
Nome completoAntonia Caetana de Paiva Pereira Maury
Nacemento21 de marzo de 1866
Lugar de nacementoCold Spring on Hudson, Estados Unidos
Falecemento8 de xaneiro de 1952 Modelo:Edad
Lugar de falecementoDobbs Ferry, Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterVassar College
Ocupaciónastrónoma e astrofísica
PaiMytton Maury
NaiVirginia Draper
IrmánsCarlotta Joaquina Maury
PremiosPrêmio Annie J. Cannon de Astronomia
Na rede
Find a Grave: 142847254 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury, máis coñecida como Antonia Maury, nada en Cold Spring on Hudson, Nova York (EE.UU.) o 21 de marzo de 1866 e finada o 8 de xaneiro de 1952, foi unha astrónoma estadounidense que deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonia Maury naceu no seo dunha familia de científicos: o seu avó era o astrónomo John William Draper, o seu tío o médico e tamén astrónomo Henry Draper, a súa tía a astrónoma e mecenas Mary Anna Palmer Draper e o seu primo o oceanógrafo Matthew Maury. Recibiu unha esmerada educación (especialmente científica) no Vassar College baixo a dirección da reputada astrónoma Maria Mitchell, graduándose en 1887.[2]

Dous anos despois, ingresou no observatorio astronómico de Harvard como unha das mulleres Calculadoras de Harvard que empregaba dita institución para realizar o catálogo cun salario tres veces inferior ao dun home. Maury pronto destacou descubrindo a segunda estrela binaria coñecida Beta Aurigae e determinando o período da estrela Mizar.

Con todo, pronto comezou a ter discrepancias tanto metodolóxicas como científicas co director do centro Edward Charles Pickering. Maury consideraba que o sistema de clasificación de espectros estelares que empregaba o observatorio era demasiado simple, polo que deseñou un novo sistema máis complexo con novos grupos e numerosas subdivisións que se utilizaban para describir a aparencia física da estrela.[3]

As súas diferenzas con Pickering foron insalvables e Antonia Maury abandonou definitivamente o observatorio en 1896 e dedicouse ao ensino. Con todo, Maury publicou os seus resultados e conclusións (un exame de 5 000 fotografías que abarcaban case 700 estrelas do hemisferio norte) que foron estudadas polo astrónomo danés Ejnar Hertzsprung. Este empregou as subdivisións de Maury para levar a cabo o Diagrama de Hertzsprung-Russell, dado que daba a posibilidade de distinguir as estrelas superxigantes das normais ou ananas.[3]

En 1918 volveu a Harvard baixo a dirección doutro astrónomo, e continuou o seu labor até a súa xubilación en 1948.[1]

En 1943, o catálogo Henry Draper revisouse para incorporar as ideas de Antonia Maury. Un ano despois, a American Astronomical Society concedeulle o Premio Annie Jump Cannon.[4]

Eponimia[editar | editar a fonte]

  • O cráter lunar Maury leva este nome na súa memoria, honra compartida co seu primo, o mariño do mesmo apelido Matthew Fontaine Maury (1806-1873).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Antonia Maury, un espírito libre
  2. Claramunt e Claramunt (2012)
  3. 3,0 3,1 "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Altschuler e Ballesteros (2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]