Antoine Joseph Jean Solier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Joseph Jean Solier
Nacemento8 de febreiro de 1792
Lugar de nacementoMarsella
Falecemento27 de novembro de 1851
Lugar de falecementoMarsella
Nacionalidadefrancesa
Ocupaciónmilitar, explorador, naturalista, entomólogo e recolector de plantas
Profesiónbotánico, entomólogo
editar datos en Wikidata ]

Antoine Joseph Jean Solier, nado o 8 de febreiro de 1792 en Marsella e finado o 27 de novembro de 1851 na mesma cidade, foi un naturalista francés, entomólogo e coleccionista de plantas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Capitán de enxeñeiros do exército francés, fixo coleccións de coleópteros en Francia, Alxeria e a zona mediterránea, así como nunha expedición a Oceanía.

Solier traballou na fauna mundial dos escaravellos, escribindo numerosos traballos científicos sobre os coleópteros.[2]

As súas coleccións, importantes especialmente para a familia dos tenebriónidos, están gardadas no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Antoine Solier foi membro da Societé Entomologique de France.

Abreviatura en botánica[editar | editar a fonte]

A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]

Abreviatura en zooloxía[editar | editar a fonte]

A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]