Galicia, Mellor Sen Touradas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manifestación en Pontevedra de Galicia, Mellor Sen Touradas

Galicia, Mellor Sen Touradas é unha plataforma antitaurina creada en xullo de 2008, tras a conxunción de tres organizacións, a asociación animalista Libera!, a entidade holandesa CAS-International e a plataforma de estudo e investigación Stop Our Shame. A partir de 2012 relánzase a coalición coa entrada de Fondation Franz Weber, con representación en varios países europeos e americanos.[1]

Dende a súa creación desenvolveu actividades de concienciación sobre a necesidade de prohibir as touradas tales como a proxección de documentais, a realización do Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia entre 2008 e 2011, ou a convocatoria e participación en manifestacións abolicionistas, xuntas, encontros abertos e debates.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]