Saltar ao contido

Anthocharis cardamines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anthocharis cardamines
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
Sección: Rhopalocera
(sen clasif.): Ditrysia
Familia: Pieridae
Subfamilia: Pierinae
Xénero: 'Anthocharis'
Especie: ''A. cardamines''
Nome binomial
'Anthocharis cardamines'
Linneo, 1758
Subespecies

Ver texto.

A Anthocharis cardamines é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Pieridae amplamente distribuída por Eurasia, incluíndo a Península Ibérica.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Recibe o seu nome das manchas verdosas no exterior das ás, que lle dá a aparencia de brión, e é de gran utilidade como camuflaxe entre a vexetación. Nos machos o ápice do interior das ás dianteiras é dunha cor laranxa forte. Esta coloración non se atopa presente nas femias; as ás nas femias son brancas, con tons negros ou grises na punta. O macho é capaz de disimular a cor laranxa das súas ás dianteiras escondéndoas baixo as traseiras. A cor verdosa no exterior da á está en realidade composta de escamas amarelas e negras; é de especial utilidade cando a bolboreta descansa en plantas como Anthriscus sylvestris ou Alliaria petiolata.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A especie atópase ao redor de Europa, e esténdese ao oeste ás áreas tépedas de Asia, até Xapón. Nos últimos anos viuse un incremento do seu número no Reino Unido, e de maneira máis notoria en Escocia; crese que o incremento se debe ao cambio climático.[2][3][4]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Coñécense nove subespecies de Anthocharis cardamines:[5]

  1. "Fauna Europaea". Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  2. Carter, D. A. (2002). Butterflies and Moths (Revised Edition). Dorling Kindersley, Londres. ISBN 0-7894-8983-X
  3. Orange-tip (Anthocharis cardamines)[Ligazón morta]. Arkive (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2010.
  4. Butterflies of Scotland - Orange Tip (Anthocharis cardamines). Rampant Scotland (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2010.
  5. Anthocharis en funet.fi