António Marinho e Pinto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1950 (74 anos) Vila Chã do Marão, Portugal (pt) |
Eurodeputado | |
Representa: Alternativa Democrática Nacional (pt) 1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Electo en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | |
Datos persoais | |
Educación | Faculdade de Direito da Universidade de Coimbra (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | político, profesor universitario, xornalista, avogado |
Empregador | Universidade de Coímbra |
Partido político | Partido da Terra (pt) Alternativa Democrática Nacional (pt) |
António de Sousa Marinho e Pinto, nado en Amarante o 10 de setembro de 1950, é un avogado e político portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixe humilde naceu na freguesía de Vila Chã do Marão, mais con seis meses emigrou con seus pais ao Brasil, vivindo na cidade de Niterói, no estado do Río de Xaneiro, ata os 14 anos cando volveu con súa nai. Na súa época de estudante de dereito na Universidade de Coímbra involucrouse na loita contra o salazarismo, deténdoo a PIDE, seu pai, fervoroso salazarista, amoestouno duramente desde o Brasil, cortando relacións durante máis de 15 anos.
Licenciado en dereito, traballou como xornalista desde 1978, foi membro da Comisión Nacional para a Liberdade de Información, en 1978, foi director en Madeira da ANOP - Agencia Noticiosa Portuguesa, entre 1979 e 1980 e de 1984 a 1986 da rexión centro. En 1986 accedeu á dirección do Sindicato de Xornalistas en nese ano pasou á Lusa, onde foi director de información da rexión centro de 1986 a 1987 Foi asesor xurídico e de información do goberno de Macau, entre 1987 e 1988, e volveu ao xornalismo, como redactor do Expresso, entre 1989 a 2006..
Foi membro do Consello Xeral e presidente da Comisión de Dereitos Humanos da Orde dos Avogados, entre 2002 e 2003. En 2007 foi elixido o 24.º bastonário da Orde e reelixido en 2010. Publicou os libros As faces da Justiça, en 2003, Dura Lex - retratos da Justiça portuguesa, en 2007, e Um combate desigual, en 2010.
En 2014 foi elixido eurodeputado na lista do MPT - Partido da Terra, malia anunciar pouco despois de tomar posesión que ía abandonar o posto ao considerar que o Parlamento Europeo non tiña utilidade, non obstante permaneceu no parlamento e en setembro de 2014 anunciou a ruptura co Partido da Terra - MPT, do cal nunca foi militante, e comunicou que ía crear un novo partido[1], o Partido Democrático Republicano, presentado o 5 de outubro en Coímbra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magalhães, Manuel (11 de setembro de 2014). "Marinho e Pinto cria novo partido". Sol. Consultado o 29 de agosto de 2015.