António Maria Mourinho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
António Maria Mourinho
Nacemento14 de febreiro de 1917
 Sendim
Falecemento13 de xullo de 1996
 Lisboa
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónetnógrafo, etnólogo e arqueólogo
PremiosOfficer of the Military Order of Christ
editar datos en Wikidata ]

António Maria Mourinho, nado en Sendim o 14 de febreiro de 1917 e finado en Lisboa o 13 de xullo de 1996, foi un etnógrafo, etnólogo e arqueólogo portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

António Mourinho estudou no Seminairo Maior de Braganza en 1941, e fíxose reitor da freguesía mirandesa de Duas Igrejas en 1942. Entre 1960 e 1970, estudou en España no Instituto de Alta Cultura, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e do Consello Nacional de Investigacións Científicas de Madrid. Entre 1970 e 1975, estudou na Facultade de Letras da Universidade do Porto e graduouse en ciencias históricas e xeográficas, e tamén asistiu á Universidade de Valladolid entre 1984 e 1985, onde se graduou en museoloxía. Contribuiu na fundación do Museo da Terra de Miranda, do que foi director entre 1982 e 1991.[1] En 1995, axudou a elaborar a Cumbençon Ourtográfica de la Lhéngua Mirandesa.

Foi nomeado Oficial da Orde Militar de Cristo en 1943, recibiu a Medalla de Mérito Turístico en 1979 e o Premio Europeo de Arte Popular en 1982. Tamén obtivo o título de Cidadán Honorario e recibiu a Medalla de Honra de Miranda do Douro en 1991.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Coreografia Popular Transmontana (1953)
  • Malha do Cereal na Cardenha e Coro dos Malhadores (1955)
  • Teatro Rural em Trás-os-Montes (1956)
  • Diversidades Subdialetais do Mirandês (1960)
  • Nuossa Alma i Nuossa Tierra (1961)
  • Scoba Frolida an Agosto: Lienda de Nuossa Senhora de l Monte de Dues Eigreijas (1983)
  • Grupo Folclórico Mirandês de Duas Igrejas (1983)
  • Cancioneiro Tradicional e Danças Populares Mirandesas (1984)
  • Epigrafia Latina aparecida entre Sabor e Douro desde o Falecimento do Abade de Baçal: 1947 (1988)
  • Terra de Miranda: Coisas e Factos da Nossa Vida e da Nossa Alma Popular (1991)
  • Guerra dos Sete Anos ou Guerra do Mirandum (1994)
  • Curriculum Vitae: Notas Culturais (1995)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "António Maria Mourinho". Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto". Consultado o 4 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]