António Bárbolo Alves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
António Bárbolo Alves
Nacemento5 de decembro de 1964
 Miranda do Douro
Alma máterUniversidade do Minho
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

António Bárbolo Alves, nado en Picote (Miranda do Douro) o 5 de decembro de 1964, é un mestre, estudoso e difusor da lingua mirandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse no ensino de portugués-francés pola Universidade do Minho, onde presentou unha tese de mestrado sobre a lingua mirandesa. En 2002, doutorouse pola Universidade de Tolosa. É profesor no ensino secundario. Asumiu varios cargos de xestión e representación, sendo na actualidade tamén director do Centro de Estudos António Maria Mourinho, presidente da dirección da FRAUGA (Asociación para o Desenvolvemento Integrado de Picote) e secretario territorial para Portugal da Asociación Internacional pola Defensa das Linguas e das Culturas Ameazadas (AIDLCM).[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.degois.pt (ed.). "Portal DeGóis - António Bárbolo Alves". Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  2. "CV de António Bártolo Alves". Consultado o 3 de febreiro de 2018.