Anselmo Ralph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anselmo Ralph
Nacemento12 de marzo de 1981
 Luanda
NacionalidadeAngola
Alma máterUniversidade da Cidade de Nova York
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Anselmo Cordeiro da Mata, nado en Luanda o 12 de marzo de 1981, é un cantor e compositor angolano, máis coñecido polo nome artístico de Anselmo Ralph[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o ensino e básico na súa cidade natal, e despois estudou Contabilidade en Nova York, no Borough of Manhattan Community College.[2]

Na década de 1990, estableceuse en Madrid. Nesta etapa converteuse nun grande admirador do cantor dominicano Juan Luis Guerra, o que tivo unha grande influencia na súa carreira como músico.[3] En 1995, formou parte do grupo NGB (New Generation Band) co que gravou o seu primeiro álbum.[4]

En xaneiro de 2006 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Histórias de Amor, disco de rythm and blues producido por Produtora Bom Som, propiedade do propio artista e do seu axente Camilo Travassos. Deu o primeiro concerto de presentación do disco na discoteca Miami Beach de Luanda.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 2008 casou con Madlice Castro, con que ten dous fillos, Alicia e Jason.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Anselmo (demo; 2004)
  • Histórias de Amor (2006)
  • As Últimas Histórias de Amor (2007)
  • O Cupido (2009)
  • A Dor do Cupido (sinxelo; 2011)
  • Não Me Toca (sinxelo; 2012)
  • Best of Anselmo Ralph – Live (2012)
  • A Dor do Cupido (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amarílis Borges (21 de maio de 2014). "Anselmo Ralph". Rede Angola. 
  2. "Anselmo Ralph completa 32 anos hoje, mande os Parabéns". Platina Line. 11 de marzo de 2013. 
  3. China (2 de outubro de 2011). "Anselmo Ralph – Biografia". Soul Zouk. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 07 de xullo de 2015. 
  4. Rui Lavrador (12 de febreiro de 2014). "RTP anuncia os mentores do "The Voice Portugal"". Jornal Hardmúsica. 
  5. "Quem é Anselmo Ralph". Jornal Q. 
  6. Raquel Costa (8 de decembro de 2014). "Quem é Anselmo Ralph?". Noticias Magazine. 

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.