Anortita
| Anortita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | CaAl₂Si₂O₈ |
| Clase | Silicato |
| Subclase | Tectosilicato |
| Sistema cristalino | Triclínico, pinacoidal |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Incolora, gris-arrubiada, branca |
| Brillo | Vítreo |
| Dureza | 6 a 6,5 (escala de Mohs) |
| Fractura | Irregular a concoidal |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,76 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A anortita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de calcio, por definición sendo o calcio máis do 90% dos ións metálicos. É dimorfo da svyatoslavita, que ten a mesma fórmula química mais cristaliza noutro sistema distinto do triclínico.
É o extremo con calcio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo o outro extremo a albita (plaxioclasio de sodio).
O seu nome provén do grego anortos, que significa non recto, polos seus cristais oblicuos. Describiuse por primeira vez en 1823 en Italia. Sinónimos pouco usados son: indianita, amphodelita, anorthita, anorthoíta, barsovita, beffanita, ciclopita ou lepolita.
Son moi frecuentes as maclas dun cristal penetrando noutro, chegando a ser raro ver un cristal coas súas superficies enteiras sen estar cortado por outro. As maclas en láminas poden producir un canleado no cristal, producindo o efecto de estrías.
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]Encóntrase fundamentalmente en rochas metamórficas procedentes de calcarias sometidas a metamorfismo de contacto. Tamén podemos encontrala en rochas ígneas plutónicas máficas.
Polo esu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociada son biotita, auxita, piroxeno e horneblenda.
Localización, extracción e uso
[editar | editar a fonte]Áchanse importantes depósitos en Nápoles, Campania e no monte Vesuvio (Italia), así como en California e Nova Jersey (Estados Unidos). Tamén se encontra en grandes cantidades nas rochas das planicies lunares e foi encontrada en mostras do cometa Wild 2.
Como todos os plaxioclasios, a anortita posúe aplicacións industriais para fabricar cerámicas e esmaltes, á parte do interese coleccionístico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anortita |
- Galerías de imaxes de anortita en Internet: [1] [2]
- Datos sobre localización de anortita(en inglés)
- Sitio web con datos de anortita(en inglés)
- Galería de minerais con información de anortita(en inglés)