Ostra brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Anomia ephippium")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ostra brava ou ostra de can
Cara interna da cuncha (esquerda) e externa (dereita)

A ostra brava, ostra de can ou tarxa (Anomia ephippium, Linnaeus 1767) é un molusco bivalvo da familia Anomiidae, da orde Ostreoida, de valvas desiguais, cuncha fráxil e forma circular.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A cuncha é fina, fráxil, rugosa e escamosa, adoito cuberta de tubos de poliquetos apegados ou algas calcáreas. A superficie e contorno son irregulares. As dúas valvas son desiguais: superior maior e máis plana que a inferior, na que hai unha abertura, tamén irregular, que serve para que saia o biso que o suxeita ó substrato. A superficie interior é sempre nacarada.

Adoita medir entre 2 e 4 cm, pero pode chegar a 6 cm de diámetro.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

A ostra de can vive apegada ás rochas e a outras cunchas pousadas no fondo (as irregularidades da cuncha responden ás da pedra sobre a que se fixan). Distribúese entre a franxa medioliteral ata profundidades de 40 metros, no Atlántico e Mediterráneo.

Aproveitamento pesqueiro e comercial[editar | editar a fonte]

A vianda pode consumirse, lembrando á de ostra pero de peor calidade e no apreciada. De capturarse, faise con rasquetas ou coitelos para levantalas das pedras.

A semellanza coa ostra pode explicar que un dos seus nomes populares sexa o de morruncho, nome que tamén se dá ás ostras de pequeno tamaño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]