Ostra brava
Ostra brava | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cara interna da cuncha (esquerda) e externa (dereita) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anomia ephippium Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Anomia ephippium rugulosostriata Csepreghy, 1950 |
A ostra brava, ostra de can ou tarxa (Anomia ephippium, Linnaeus 1767) é un molusco bivalvo da familia Anomiidae, da orde Ostreida, de valvas desiguais, cuncha fráxil e forma circular.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A cuncha é fina, fráxil, rugosa e escamosa, adoito cuberta de tubos de poliquetos apegados ou algas calcáreas. A superficie e contorno son irregulares. As dúas valvas son desiguais: superior maior e máis plana que a inferior, na que hai unha abertura, tamén irregular, que serve para que saia o biso que o suxeita ó substrato. A superficie interior é sempre nacarada.
Adoita medir entre 2 e 4 cm, pero pode chegar a 6 cm de diámetro.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]A ostra de can vive apegada ás rochas e a outras cunchas pousadas no fondo (as irregularidades da cuncha responden ás da pedra sobre a que se fixan). Distribúese entre a franxa medioliteral ata profundidades de 40 metros, no Atlántico e Mediterráneo.
Aproveitamento pesqueiro e comercial
[editar | editar a fonte]A vianda pode consumirse, lembrando á de ostra pero de peor calidade e no apreciada. De capturarse, faise con rasquetas ou coitelos para levantalas das pedras.
A semellanza coa ostra pode explicar que un dos seus nomes populares sexa o de morruncho, nome que tamén se dá ás ostras de pequeno tamaño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.