Anna Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Simon
Anna Simon 2020.jpg
Nome completoAnna Simon Marí
Nacemento9 de agosto de 1982
LugarMollet del Vallès
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Autónoma de Barcelona
Profesiónpresentadora de televisión, humorista, actriz e xornalista
Na rede
IMDB: nm3623593 Twitter: AnnaSimonMari Instagram: annasimonmari Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anna Simon Marí, nada en Mollet del Vallès, Barcelona, o 9 de agosto de 1982, é unha xornalista e presentadora de televisión catalá.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo, Anna Simon empezou con 22 anos (o 17 de xaneiro de 2005) presentando en TeleTaxi TV. Tras un breve paso por Antena 3 e Telecinco en programas de call TV, fichou por Cuatro como colaboradora de Estas no son las noticias. Logo de terminar o programa, tivo diferentes experiencias televisivas en cadeas públicas como a autonómica TV3 (Divendres), ata que en 2010 fichou polo programa Tonterías las justas (Cuatro), espazo que máis tarde se convertería en Otra movida tras o seu traslado a Neox.

No mes de xullo de 2012 Anna Simon foi confirmada como concursante da segunda edición do exitoso programa de Antena 3 Tu cara me suena[1] Máis tarde, en setembro de 2012 Anna Simon fichou como colaboradora de El Hormiguero de Antena 3.[2]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anna Simon ficha por Tu cara me suena
  2. "Anna Simón ficha por el Hormiguero 3.0". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2012.