Anna (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna (Army, Navy , NASA, Air Force)
Anna
TipoSatélite xeodésico.
Contratistas principaisApplied Physics Laboratory (Universidade Johns Hopkins)[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento31 de outubro de 1962[2][3][4]
Foguete portadorThor Ablestar[3][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[3]
Obxectivo da misiónEstudos xeodésicos para medir a forza e dirección co campo gravitatorio terrestre.[1][3]
NSSDC ID1962-060A
Masa161 kg[3][5]
Dimensións0,91 m de diámetro[1]
BateríasNíquel-cadmio[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7505,4 km[2]
Inclinación50,1 graos[2]
Apoapse1187,7 km[2]
Periapse1081,0 km[2]

Anna (acrónimo de "Army, Navy , NASA, Air Force") foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 31 de outubro de 1962 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Thor Ablestar.

Características[editar | editar a fonte]

Anna, oficialmente denominado Anna 1B, tivo un predecesor lanzado o 10 de maio de 1962 que fallou en alcanzar órbita.[1][6]

A misión de Anna consistiu en servir de referencia para facer estudos xeodésicos de precisión, permitindo medir a forza e dirección do campo gravitatorio da Terra, localizar o centro de masas terrestre e establecendo posicións sobre a superficie.[1]

Anna tiña forma de esfera de 0,91 metros de diámetro e tiña un peso de 161 kg. Obtiña a súa enerxía dunha banda de células solares situadas no ecuador do satélite que alimentaban baterías de níquel-cadmio. A antena de comunicacións envolvía en espiral a superficie do satélite.[1]

A instrumentación da nave incluía sistemas ópticos e de localización por radio e Doppler. O sistema óptico consistía nunha baliza de alta intensidade activada por comandos preprogramados para disparar series de cinco flashes cun intervalo de 5,6 segundos entre eles cuxo fin era obter un posicionamento óptico desde terra mediante a obtención de fotografías do satélite. O sistema Doppler tamén podía ser programado desde terra. En conxunto, o sistema óptico e Doppler podían proporcionar posicionamentos cunha precisión de 20 metros ou menos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2011). "Anna" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ANNA 1B" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (4 de novembro de 2011). "Anna 1B" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  4. "Letter dated 10 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-29259T). 12 de decembro de 1962. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Anna 1A, 1B" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  6. NASA (4 de novembro de 2011). "Anna 1A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bramscher, Robert G (1980). "A Survey of Launch Vehicle Failures". Spaceflight 22: 351. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]