Animacam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Animacam
Tipofestival de cinema
Data de fundación2008
PaísEspaña
Na rede
https://animacam.tv/
editar datos en Wikidata ]

Animacam é un festival internacional de animación en liña que forma parte dunha iniciativa levada a cabo por Limaia Producións, produtora ourensá do sector da animación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A primeira edición de Animacam.tv, de xullo a outubro de 2008, foi visitada por 75 000 internautas e participaron nas seccións competitivas 164 películas de animación procedentes de 33 países das cales seis foron seleccionadas para premios de 2000 euros cada un por votantes rexistrados dende 43 países.

Na súa Segunda Edición, posta en marcha en Internet, o apartado competitivo do festival engadiu espazos para escolas de animación e creadores noveis que puideron participar no apartado “Ópera prima” e tamén noutro para películas dirixidas a nenos ata os seis anos baixo o nome de Preescolar, mantendo as demais categorías e os premios do público de 2000 euros e dous premios especiais coa mesma dotación.

Tamén foi nova a categoría “Obras inacabadas”, fóra de concurso, aberta a recibir todas aquelas obras de animación de calquera época e técnica, que quedaron en fase inicial ou á metade de produción, co obxectivo de que xurdan contactos que axuden a rematalas.

A participación en Animacam abriuse tamén a peregrinos e internautas en xeral, a través das súas Seccións Paralelas, nas que todos puideron deixar a súa crónica persoal sobre o Camiño de Santiago, as lendas de tradición oral e as festas. Nesta última sección, aparecían tamén os 315[1] concellos galegos con ligazóns ás súas respectivas páxinas de Internet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daquela había 315 concellos en Galicia. Posteriormente, coa fusión de Oza dos Ríos e Cesuras, e do Concello de Cerdedo e o Concello de Cotobade pasaron a ser 313.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]