Aniceto Codesal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de decembro de 1919 Oleiros |
| Morte | 29 de abril de 2008 |
| 10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | economista, empresario, político |
| Partido político | Partido Popular |
Aniceto Codesal Lozano, nado en Oleiros (Vilalba) o 30 de decembro de 1919 e finado o 29 de abril de 2008, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito mercantil, doutor pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo, da que foi Director. Concelleiro en Lugo (1979-1981 e 1987-1991), nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso de Alianza Popular pola provincia de Lugo (1982-1986). Nas eleccións xerais de 1986 foi elixido senador de Alianza Popular pola provincia de Lugo e volveu ser elixido nas xerais de 1989. Foi presidente das delegacións de Lugo do Partido Popular e da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado