Angela Brazil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAngela Brazil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Preston, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Coventry, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónHeatherley School of Fine Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Brazil-226

Angela Brazil, nada en Preston o 30 de novembro de 1868 e finada en Coventry o 13 de marzo de 1947, foi unha escritora inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus libros obtiveron éxito comercial e eran comunmente gozados por mozas na puberdade e adolescencia e influíron noutros autores. Aínda que o interese polas historias de internados femininos se reduciu a partir da II Guerra Mundial, os seus libros continuaron sendo populares até os anos 60. Na súa etapa de maior popularidade, determinadas figuras da autoridade víanos como unha posible influencia negativa nas estándares morais da sociedade e, nalgúns casos, foron prohibidos polas directoras de varias escolas femininas británicas.[1]

Realizou unha gran contribución ao cambio do estilo e a natureza da ficción para mozas. Presentaba un punto de vista de mozas novas, activas e conscientes da época que as rodea; consideraba a adolescencia como período de transición e aceptaba que as mozas tivesen intereses e preocupacións comúns que se podían compartir. As súas historias, innovadoras na época na que apareceron, deixaron o seu sinal en autores de décadas máis recentes. Moitos dos seus motivos e argumentos comúns volvéronse estereotipos e hoxe día están suxeitos a parodias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A History of Homosexuality in Europe, Vol. I & II: Berlin, London ..., Volume 1, by Florence Tamagne, page 124

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]