Andrés Santiago Suárez Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1939 Luaña, España |
Morte | 22 de outubro de 2005 (66 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gallegos Diccionario da literatura galega |
Andrés Santiago Suárez Suárez, nado en Luaña (Brión) o 6 de outubro de 1939 e finado en Madrid o 22 de outubro de 2005,[1] foi un economista e escritor galego, membro da American Economic Association e da American Finance Association.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou Peritaxe e Profesorado Mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña e Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais na Universidade Complutense de Madrid, na que se doutorou con premio extraordinario en 1969. Foi catedrático da Universidade de Alacant, catedrático e decano da Facultade de Economía da Universidade de Málaga e conselleiro do Tribunal de Contas do Reino (1982-1991) por designación das Cortes. Desde 1973 foi catedrático de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu o Departamento de Economía da Empresa da Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Obra escrita publicada
[editar | editar a fonte]Publicou máis de dúas ducias de libros e numerosos artigos en revistas sobre temas relacionados coa economía e a administración de empresas.
Entre as súas obras máis coñecidas están:
- Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa, 1976.
- Curso de introducción a la economía de la empresa, 1986.
- Diccionario de economía y administración, 1992.
- Diccionario terminológico de economía, administración y finanzas, 2000.
- Nueva economía y nueva sociedad. Los grandes desafíos del siglo XXI, 2001.
- Capitalismo y multinacionales, 2004.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- O problema económico e humán de Galicia, Caixa Vigo, 1978.
- Luaña. Mitos, costumes e creencias dunha parroquia galega, Editorial Galaxia, 1979.
- A regueifa, Edicións Castrelos, 1982
- O raposo Careto, Ediciós do Castro. 1983, literatura infantil.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Foille concedido o título de doutor honoris causa polas universidades de Sevilla, Santiago de Compostela (en 2001)[2] e Rey Juan Carlos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-10-2005, p, 61.
- ↑ "El economista gallego Andrés Santiago Suárez, nuevo doctor Honoris Causa" (22/6/2001). La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Suárez Suárez, Andrés Santiago". Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 74. ISBN 84-7680-429-6.
- "Suárez Suárez, Andrés Santiago". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 410. ISBN 84-7680-288-9.
- "Suárez Suárez, Andrés Santiago". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 554. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 567. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Andrés Suárez Arquivado 31 de outubro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web da Universidade Complutense de Madrid (en castelán).
- Economistas de Galicia
- Nados en 1939
- Nados en Brión
- Finados en 1939
- Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
- Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Doutores honoris causa pola Universidade de Sevilla
- Profesores da Universidade de Alacant
- Profesores da Universidade de Málaga
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Ensaístas
- Escritores de literatura infantil de Galicia