Andrius Kubilius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrius Kubilius
Nacemento8 de decembro de 1956
Lugar de nacementoVilnius
NacionalidadeUnión Soviética e Lituania
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Vilnius
Ocupaciónpolítico e físico
PaiVytautas Kubilius
NaiJanina Žėkaitė-Kubilienė
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Commander of the Order of the Grand Duke Gediminas, Order of Prince Yaroslav the Wise, 2nd class, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit e Independence Medal
Na rede
http://www.kubilius.lt
Facebook: kubilius.lt Twitter: andriuskubilius Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrius Kubilius, nado o 8 de decembro de 1956 en Vilnius, é un político lituano, líder da Unión Patriótica - Cristiáns Demócratas Lituanos desde 2003 e primeiro ministro do seu país desde o 9 de decembro de 2008 ata o 13 de decmbro de 2012, anteriormente fórao no período 1999-2000.

Biografía[editar | editar a fonte]

O seu pai foi Vytautas Kubilius, estudoso da literatura lituana. Kubilius estudou física na Universidade de Vilnius desde 1974, graduouse en 1979 pero continuou estudos de posgraduado ata 1984. Membro do movemento independentista Sąjūdis, foi o seu secretario executivo (1990-1992). Logo da independencia foi deputado a partir de 1992 do parlamento en todas as lexislaturas e desde 1993 é membro da Unión Patriótica. Foi vicepresidente primeiro do Seimas (1996-1999), primeiro ministro entre o 3 de novembro de 1999 e o 9 de novembro de 2000, partido que dirixe e que tras as eleccións do 28 de outubro de 2008 se converteu no máis votado. O 27 de novembro de 2008 o Seimas elixía a Kubilius como primeiro ministro con 89 votos a favor, 27 en contra e 16 abstencións.

Kubilius fala lituano, ruso e inglés.

Predecesor:
Gediminas Kirkilas
Primeiro Ministro de Lituania
2008 - 2012
Sucesor:
Algirdas Butkevičius