Andreu Guiu
Aparencia
| Nome orixinal | Andreu Guiu Vilanova |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 3 de decembro de 1994 Tarragona, España |
| Altura | 1,88 m. |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Dianteiro |
Andreu Guiu Vilanova, nado en Tarragona o 3 de decembro de 1994, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira en varios clubs cataláns como o Reus Reddis, o Rapitenca ou o Ascó. En 2018 fichou polo Prat, co que logrou o ascenso á Segunda División B. Tras unha campaña na categoría de bronce co equipo de El Prat de Llobregat, pasou en 2020, á UE Llagostera, club que un ano despois cambiou a súa denominación por UE Costa Brava e máis tarde por Badalona Futur, tras fusionarse co CF Badalona. En 2023 asinou co Tarazona, da Primeira División RFEF.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boubacar Keita y Andreu Guiu, primeros fichajes de la SD Tarazona" (en castelán). 7 de xullo de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).