Andreas Libavius
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1555 (Gregoriano) Halle (Saale) |
| Morte | 25 de xullo de 1616 Coburgo |
| Educación | Universidade de Jena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Medicina, química, filosofía e historia |
| Ocupación | químico, profesor universitario, médico |
| Empregador | Universidade de Jena |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.
Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.
Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Portada de Alchemia.
- Commentationvm metallicarvm...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comentario sobre Alchemia Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine., Universidade de Illinois (en inglés).
- ↑ Alchemia Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. reprodución completa da obra, Universidade Complutense.
- ↑ Commentationvm Metallicarvm Libri Qvatvor, reprodución íntegra, Herzog August Bibliothek.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andreas Libavius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hannaway, Owen (1986): "Laboratory Design and the Aim of Science: Andreas Libavius versus Tycho Brahe" in Isis, 77, páxs. 584-610.