Andrés de Irujo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1907 ![]() Lizarra, España ![]() |
Morte | 29 de setembro de 1993 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Educación | Universidade de Deusto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor literario, político ![]() |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Eusko Alkartasuna ![]() |
Familia | |
Pai | Daniel Irujo ![]() |
Irmáns | Manuel Irujo Ollo Pello Irujo Ollo Eusebio Irujo Ollo ![]() |
![]() |
Andrés de Irujo Ollo, nado en Lizarra, Navarra o 29 de novembro de 1907 e finado o 29 de setembro de 1993, foi un político vasco.
Fillo do avogado Daniel Irujo y Urra, un pioneiro do nacionalismo vasco en Navarra e defensor de Sabino Arana, e irmán de Manuel de Irujo e Pello Irujo. Estudou bacharelato en Lekaroz, aos 16 anos afiliouse no Partido Nacionalista Vasco e foi colaborador na Voz de Navarra. Seguiu os seus estudos de dereito en Deusto e Madrid.
Foi un dos asinantes do "Manifesto republicano" do Ateneo de Madrid que estaba encabezado por Manuel Azaña. Cando comezou a Guerra Civil Española trasladouse a Donostia e foi nomeado comisario de Gobernación na Xunta de Defensa e participou reorganizando a Brigada de Orde Pública onde se encargou da custodia das prisións de Ondarreta e Kursaal, evitando execucións arbitrarias. Supervisou a ordenada evacuación de Donostia perante a entrada das columnas nacionais.
En 1937 cando o seu irmán Manuel foi ministro de Xustiza, el estivo como secretario do ministerio. Exiliouse inicialmente a Francia e foi representante alí do Goberno Vasco, pero cando se produciu a ocupación alemá na segunda guerra mundial, partiu cara á Arxentina.
En 1942 funda con Isaac López Mendizábal, en Buenos Aires, a Editorial Ekin que publicará, até os nosos días, importantes achegas á historiografía vasca. Tamén participou na fundación do Instituto Americano de Estudos Vascos e Eusko Kultur Etxea - Casa da Cultura Vasca.