Andrés Saborit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Saborit
Andrés Saborit Colomer (ca 1923) retrato.png
Nacemento1 de novembro de 1889 e 10 de novembro de 1889
 Alcalá de Henares
Falecemento26 de xaneiro de 1980 e 27 de xaneiro de 1980
 Valencia
SoterradoCemiterio Civil de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor, sindicalista, político e tipógrafo
editar datos en Wikidata ]

Andrés Avelino Saborit Colomer,[1] nado en Alcalá de Henares o 10 de novembro de 1889 e finado en Valencia o 26 de xaneiro de 1980, é un tipógrafo, xornalista e político socialista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Anguiano, Francisco Largo Caballero, Julián Besteiro e Saborit no penal de Cartaxena (1918).

Fillo dun matrimonio modesto, o seu pai, pintor-decorador, morreu cando Andrés tiña só oito anos. Sendo neno e xa traballando, adquiriu a súa formación de tipógrafo en clases nocturnas.

Membro dende moi novo da Asociación General del arte de Imprimir, sindicato socialista fundado por Pablo Iglesias, colaborou con este cando foi elixido Concelleiro do Concello de Madrid e afiliouse ó PSOE en 1904.

En 1906, xunto a Tomás Meabe, traballou pola extensión territorial das Xuventudes Socialistas de España. Posteriormente foi colaborador de Julián Besteiro, de quen se lle terminou considerando «o seu partidario máis leal».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saborit Colomer, Andrés Avelino". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.