Andrés Rey Varela
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Andrés Rey Varela | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1839 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 9 de decembro de 1915 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrés Rey Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1839[1] e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1915[2], foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou no Seminario en 1849, pero en 1856 abandonou a carreira eclesiástica. En 1859 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela como alumno de Teoloxía, licenciándose en 1864. Ao ano seguinte doutorouse en Teoloxía na Universidade Central de Madrid. Foi profesor de Teoloxía Pastoral na Facultade de Teoloxía da USC (1866-1867). Deuse a coñecer como un afervoado carlista. Fundou e dirixiu os xornais El Porvenir (1875), La Reforma (1876), El Libredón, La Cruz de Santiago (1881), La Bandera de Santiago (1887) e El Fin del Siglo (1891).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "D. Andrés Rey Varela. Un recuerdo" en Gaceta de Galicia, 26-10-1916, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en El Correo de Galicia, 10-12-1915, p. 2.