El Fin del Siglo
Aparencia
El Fin del Siglo | |
---|---|
Fundación | marzo de 1891 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Fin del Siglo foi un periódico editado en Santiago de Compostela de 1891 a 1892.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de intereses materiales, apareceu o 11 de marzo de 1891. Nun principio foi bisemanal (saía os mércores e sábados) e a partir do 8 de agosto de 1891 (número 42) pasou a ser semanal. Dirixido por Andrés Rey Varela, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Diéguez e Otero. Publicación de tendencia conservadora, incluíu información xeral, crónicas locais e documentos históricos. Os días 22 e 23 de maio de 1891 dedicoulle senllos suplementos a Rosalía de Castro, co gallo do traslado dos seus restos mortais ao panteón de San Domingos de Bonaval. Cesou a súa edición ao redor de decembro de 1892.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fin de Siglo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.