Andrés Manuel López Obrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Manuel López Obrador
LENÍN MORENO SE REÚNE CON EL LÍDER MEXICANO LÓPEZ OBRADOR (36186836092) (cropped).jpg
Nome completoAndrés Manuel López Obrador
AlcumeAMLO
Nacemento13 de novembro de 1953
Lugar de nacementoTepetitán
NacionalidadeMéxico
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México
Ocupaciónpolítico e escritor
CónxuxeBeatriz Gutiérrez Müller e Rocío Beltrán Medina
FillosAndrés Manuel López Beltrán, Gonzalo Alfonso López Beltrán, Jesús Ernesto López Gutiérrez e José Ramón López Beltrán
PremiosPremio Ig Nobel
Na rede
https://lopezobrador.org.mx, https://www.youtube.com/c/lopezobrador e https://presidente.gob.mx/
IMDB: nm2169354 Facebook: lopezobrador.org.mx Twitter: lopezobrador_ Instagram: lopezobrador Telegram: lopezobrador Youtube: UCxEgOKuI-n-WOJaNcisHvSg Editar o valor em Wikidata
Signature of Andrés Manuel López Obrador.svg
editar datos en Wikidata ]

Andrés Manuel López Obrador, nado en Tepetitán, Macuspana, Tabasco o 13 de novembro de 1953, coñecido comunmente como AMLO, é un político, politicólogo e escritor mexicano. É Presidente de México dende o 1 de decembro de 2018.[1]

Foi candidato á presidencia de México nas eleccións federais en México de 2018[2][3] pola coalición «Xuntos Faremos Historia», conformada por Movemento Rexeneración Nacional (Morena), o Partido do Traballo (PT) e o Partido Encontro Social (PES).[4][5][6] Tras presentarse os resultados preliminares da elección, é pronunciado como o gañador electoral co 53,19 % dos votos e asumiu a presidencia o 1 de decembro.

Durante a súa carreira política desempeñouse como presidente nacional do Partido da Revolución Democrática (PRD) de 1996 a 1999, Xefe de Goberno do Distrito Federal de 2000 a 2005, candidato á presidencia de México pola Coalición Polo Ben de Todos nas eleccións federais de 2006 e pola coalición Movemento Progresista nas eleccións de 2012.[7][8]

Como Xefe de Goberno do Distrito Federal os seus niveis de aprobación son os máis altos rexistrados en devandita entidade, alcanzando avaliacións anuais de desempeño por enriba do 85% de aprobación dos cidadáns ademais nunha enquisa da fundación londiniense City Mayors nomeárono o segundo mellor alcalde do mundo.[9][10][11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Universal. "Recibe AMLO constancia de presidente electo de México". Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  2. "“Si pierdo en 2018, no volveré a ser candidato”: AMLO; “me iría literalmente a La Chingada”". 
  3. "No seré candidato eterno; o Palacio o el retiro: AMLO". 
  4. "Partido del Trabajo y Encuentro Social anuncian coalición con Morena". 
  5. La Razón. "Coalición “Juntos haremos historia” transformará al país, dice AMLO". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  6. "Proyecto de AMLO promete acabar con la corrupción". 
  7. "AMLO es el nuevo presidente de Morena". 
  8. "Andrés Manuel López Obrador". Red política. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  9. Parametría. "Aprobación y base social AMLO". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  10. Consulta Mitofsky. "Evaluación del gobierno del Distrito Federal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  11. Parametría. "Políticas públicas y popularidad". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  12. "López Obrador, segundo mejor alcalde del mundo". www.jornada.unam.mx. Consultado o 1 de abril de 2018.